Contacontos “A carteira de Augas Claras” con Carmen Domech no Multiusos de Sabarís

O Multiusos de Sabarís acollerá o vindeiro domingo 28 de novembro ás 12:00 horas a sesión de contacontos “A carteira de Augas Claras” a cargo de Carmen Domech. O obxectivo da actividade é concienciar aos nenos e nenas en contra da violencia de xénero, potenciar unha orientación non sexista, recoñecer as diferenzas e dificultades sociais de cada xénero e tratarnos con igualdade. A través da narración oral, monicreques e xogos de imaxes coñeceremos os contos de “Artur e Clementina” e “Rosa Caramelo” de Adela Turín e, “Eu von comigo” de Raquel Díaz. A actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 11 anos, ten unha duración de 50 minutos, é gratuíta, subvencionada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.