O alumnado do IES Primeiro de Marzo visibiliza as violencias máis Invisibles

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado do Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, en Baiona, organizou os días 23 e 24 de novembro unha representación teatral, “Invisible”, no Auditorio V Centenario de Baiona. A esta obra, que visibiliza todas as violencias de xénero do día a día, acudiu todo o alumnado do mesmo centro.

A través da voz, o seu corpo e a narración da historia de Anduriña, unha rapaza de 17 anos, que baixo un pseudónimo, unha alumna cóntanos a súa historia baseada en feitos reais.