O club Estivada achega os bolos celta ao alumnado do CPI Cova Terreña

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria do CPI de Cova Terreña de Baiona está a desfrutar duns obradoiros de Xogos de Bolos grazas á colaboración do club de Bolos A Estivada e da súa presidenta Blanca Lago.

Durante as sesións de Educación Física dos luns, e baixo a coordinación da súa mestra, Amparo Otero, o alumnado está a experimentar este deporte con tanta tradición na nosa contorna. Asemade, o club Estivada agasalla ao centro cun kit de xogo para que poidan seguir practicando este deporte.

Máis adiante haberá tamén obradoiros para o alumnado de 5º e 6º de Primaria e ESO.