Sin categoría

O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “El conformista”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen este xoves 25 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “El conformista” de Bernardo Bertolucci, en versión orixinal subtitulada en castelán, con coloquio posterior moderado polo profesor Alfonso Castaño. “El conformista” é un filme político baseado no libro do mesmo título de Alberto Moravia. Unha das mellores películas de Bertolucci e que foi premiada cun Oscar polo seu guión.