Concentración na Ramallosa polo Día Internacional contra a Violencia Machista

O vindeiro 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia Machista, para denunciar e lembrar os actos violentos cometidos contra mulleres e nenos polo mero feito de seren mulleres. A Asociación de Mulleres Área Loura e o Co-mando Ghichas, convocan á cidadanía a concentrarse este xoves, 25 de novembro ás 20:00 horas na Ramallosa.

Son moitos os avances logrados, pero aínda queda moito por facer. Unha proba diso, son as 48 vítimas de violencia machista no que vai de ano no estado español. “Non debemos esquecernos dese perigoso discurso da ultradereita que desde as bancadas do Parlamento nega sistematicamente o machismo e os malos tratos, á vez que ignoran e desprezan calquera demanda feminista”, apuntan as organizadoras.

“Temos que continuar berrando e clamando contra os feminicidios, contra o machismo e o patriarcado, que aínda permanecen moi vivos na nosa sociedade. Queremos lembrar a todas as asasinadas, non son ningún número, teñen nomes e apelidos, e berrar por elas e por nós: Nin unha vítima máis, o machismo mata! Querémonos vivas, libres, iguais e respectadas!”, conclúen.