A Asociación “Monteferro” organiza un curso de literatura e cultura galega

A Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva “Monteferro” organiza un curso de literatura e cultura galega. Os interesados en participar na actividade, que estará impartida por unha profesora de galego, poden contactar no teléfono 617 121 236 (Carme Giráldez). O curso comezará o mércores 24 de novembro en horario de 17:00 a 18:30 horas.