Anuncios
Ticker de novas

Gondomar acolle o Campionato Provincial Benxamín a Infantil de Patinaxe Artística

FOTO: CPA GONDOMAR

Este sábado 14 de xullo celébrase no pavillón do C.E.I.P. Souto-Donas en Gondomar o Campionato Provincial das categorías Benxamín, Alevín e Infantil na modalidade libre de Patinaxe Artística. Baixo a organización do CPA Gondomar, serán 24 os inscritos co inicio ás 11:00 horas cos adestramentos e a partir das 11:30 o programa de disco curto. Pola tarde farase a disco longo desde as 16:00, tamén para as categorías Alevín e Infantil. Do equipo local participarán Joel Ribeiro Díaz, Lola Álvarez Romero, Sara Ferreira Lechuga e Ainhoa Vidal Touriño na categoría Alevín e Sofía Costas Ibarra en Infantil.

Anuncios