Comeza a segunda fase de arranxos no Cemiterio Municipal de Baiona

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, continúa cos arranxos no Cemiterio Municipal. Ao longo desta semana estase a desenvolver a segunda fase de arranxos nos nichos do camposanto baionés para mellorar as condicións dos mesmos. Estas accións comezaron o ano pasado coa fase I e rematarán para o ano, coa fase III. Estas medidas tomáronse por parte do actual grupo de goberno debido aos danos dos que xa eran coñecedores antes do inicio do seu mandato. O Alcalde, Carlos Gómez, e a concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda, consideran que estes arranxos son necesarios para a boa conservación do Cemiterio Municipal e así atender as necesidades e demandas expostas polos veciños de Baiona.