
A Área Sanitaria de Vigo inicia o próximo venres día 19 no IFEVI o proceso de vacinación das terceiras doses da Covid á poboación entre 70 e 79 anos. Se citarán a 50.279 persoas deste grupo etario ata o próximo día 30 de novembro. Os equipos sanitarios vacinarán a diario, incluídos sábados e domingos, en xornada de mañá. Ademais, tamén vaise vacinar ás persoas que foron inoculadas cunha soa dose de Janssen, que na Área de Vigo son 28.618. A partir do venres, os mariñeiros poderán acudir sen cita a recibir unha segunda dose. O resto das persoas que foron vacinadas con Janssen se lles citará posteriormente.