Baiona abre o prazo para o Programa de Conciliación Nadal 2021

O Concello de Baiona abre o prazo para presentar as solicitudes para participar no Programa de Conciliación Nadal. As persoas interesadas poden recoller as bases no rexistro do Concello de Baiona, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas, descargalas do taboleiro de anuncios virtual da páxina web do Concello ou solicitalas por e-mail no enderezo electrónico administrativo.cim@baiona.gal. O prazo para presentar as solicitudes remata o 26 de novembro ás 14:00 horas. Desenvolverase no CPI Cova Terreña, e vai dirixido a menores de 3 a 12 anos. Para máis información poden contactar no teléfono 986 35 75 52 en horario de 8:30 a 14:30 horas.