“A cidade do átomo” de Iria Misa, nas bibliotecas dos centros educativos de Baiona

O pasado día 12 de novembro, o Multiusos de Sabarís acolleu a presentación da nova novela de Iria Misa, “A cidade do átomo”. Ao finalizar o acto, a concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira, fixo entrega de varios exemplares a algunhas direccións dos centros que acudiron á presentación. Dende a Área de Igualdade mercáronse varios exemplares do libro da escritora para que en cada biblioteca de cada centro poidan desfrutar desta marabillosa novela. “É fundamental poñer en valor o traballo de mulleres con tanto talento, é o meu traballo equilibrar a balanza e dar luz a mulleres que ademais son veciñas da nosa vila, como Iria Misa”, recalcou a concelleira.