Unidades móbiles do Centro de Transfusión de Galicia visitarán esta semana os tres concellos da comarca do Val Miñor. O luns 8 de novembro unha unidade estará en Nigrán, diante do concello de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. O luns e o martes haberá outra unidade móbil estacionada na Avda. Jesús Valverde, na entrada ao Parador de Baiona, de 16:00 a 21:00 horas ambos os dous días. Finalmente, o mércores 10 e o xoves 11 poderase doar sangre nunha unidade situada na estación de autobuses de Gondomar, de 16:00 a 21:00 horas nas dúas xornadas. Todas as persoas que desexen doar sangue deberán chamar ao teléfono gratuíto 900 100 828.
Unha unidade móbil de doazón de sangue estará esta semana en Nigrán, Baiona e Gondomar

