Esta mañá tivo lugar na Ramallosa unha rolda de prensa convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor, que forma parte de SOS Sanidade Pública e tamén do comité organizador da mobilización convocada o próximo domingo 14 de novembro en Santiago de Compostela, baixo o lema de Salvemos á Atención Primaria.
Explicáronse as actividades que está a realizar para informar da situación na que se atopa a Atención Primaria na comarca do Val Miñor, a través das mocións de apoio á manifestación, presentadas nos concellos de Nigrán, Baiona (xa aprobada) e Gondomar, charlas informativas, reparto de propaganda informativa e cartaces informativos.
“E porque sobran os motivos invitamos á cidadanía do Val Miñor a participar masivamente na manifestación o día 14 de novembro, ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Compostela. A presión social é a única forma de facelos desistir das súas intencións de recortar a Atención Primaria. De Nós depende”, sinalan desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor.
Haberá autobuses gratuítos para asistir á mobilización en Santiago. Teléfonos de contacto, Nigrán 629207579; Baiona 609801138; Gondomar 629866335.


