O grupo de Facebook “Val Miñor Diario” cumpre dous anos con 9.000 membros

O grupo de Facebook “Val Miñor Diario” cumpriu dous anos o 28 de outubro. Val Miñor Diario creceu dunha maneira inusual, pasou de 4.000 membros do primeiro ano a sumar 5000 no segundo, sendo xa 9.000 membros.

Abarca todo o noticiable do Val Miñor, ademais do máis importante do Baixo Miño, Vigo e arredores. A diario comparten ofertas de traballo, das cales algúns (e non poucos) membros atoparon emprego. Moitas denuncias foron solucionadas e moitas mascotas foron atopadas e adoptadas por mediación do grupo.

Para celebralo levan un mes facendo grandes sorteos entre os membros para agradecer a todos a súa participación, ademais de publicitar e axudar ao pequeno comercio.

Tratan de ser plurais e non cesan en poñer todo o seu empeño en facer labor de servizo na comarca.

É un grupo referente no Val Miñor, a pesar de que cando empezaron esta andaina eran un máis dos moitos que xa había por esta rede social, pero día tras día conseguiron gañarse a confianza de comerciantes, asociacións, particulares, institucións, partidos políticos e dixitais de prensa, cos cales tratan de colaborar con respecto.