A Entidade Local Menor de Morgadáns dá luz verde ao seu escudo e bandeira oficiais

A Entidade Local Menor de Morgadáns tamén ten en marcha o proceso de creación de bandeira e escudos propios, que, como ocorre coa de Gondomar, están a deseñar desde a Comisión Heráldica da Xunta de Galicia.

No caso da Entidade os seus representantes xa deron o visto e prace en pleno á proposta definitiva que se remitirá de novo á institución autonómica para que sexa aprobada de forma definitiva.

Bandeira e escudo son tricolores coas cores amarelo, verde e azul, aos que se suman símbolos que fan referencia á tradición gandeira desta parroquia de Gondomar, así como á cría de cabalos salvaxes en liberdade, que tamén a identifica.