Interceptada en Vigo unha veciña de Nigrán conducindo baixo os efectos do alcol e cunha roda rebentada

Na mañá do pasado venres, ás 13:52 horas, Axentes da Policía Local de Vigo atopábanse na Avda. Ricardo Mella, sentido centro cidade, realizando labores de control do tráfico no ámbito da Seguridade Viaria. Atendendo ese labor, deron o alto á condutora dun vehículo que transitaba coa roda dianteira esquerda rebentada, circulando sobre a lamia.

Unha vez detido o turismo, filiaron á aludida, R.M.C, de Nigrán e 50 anos de idade. Realizando esta xestión e durante a entrevista persoal, os Actuantes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por este motivo procederon a realizarlle as probas preceptivas de determinación do grao de impregnación alcohólica, lanzando estas un resultado positivo de 0,81 e 0.68 mg/l de alcol por aire expirado, o que excede o límite penal establecido.

Por este motivo instruíronse dilixencias para o efecto, para o seu traslado á autoridade xudicial competente.