Baiona reivindica que os negocios de restauración e hostalería teñan un horario de apertura libre

O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA) e a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI) solicitan conxuntamente a modificación dos horarios de apertura dos negocios de restauración e hostalería. Tanto o rexedor como as asociacións de empresarios solicitan a apertura libre destes negocios pois o consideran discriminatorio, xa que o nivel de restricións flexibilizouse ao máximo noutros sectores.

Carlos Gómez, Alcalde de Baiona, Marcos Comesaña, Presidente de ACEBA, e José Ángel González, Presidente de OVALMI, mostraron a súa preocupación por que se manteñan certas restricións de horario nos negocios de restauración e hostalería que poidan prexudicar os intereses do empresariado local. E neste sentido, aseguraron seguirán reivindicando as formulacións do sector para tentar resolver a situación da mellor forma posible para todos.

Así mesmo, o rexedor e os presidentes das asociacións destacan que as circunstancias actuais nas que se atopa a Comunidade Autónoma de Galicia faculta a flexibilidade horaria existente noutras autonomías, polo que denuncian as limitacións na comunidade galega. “A hostalería necesita traballar con liberdade de horario”, finaliza, o Alcalde.