Gondomar abre o prazo para solicitar as subvencións para actividades culturais, sociais e deportivas

Entre os días 19 de outubro e 2 de novembro poderanse presentar as solicitudes ás subvencións en réxime de libre concorrencia do Concello de Gondomar para actividades culturais, de fin social e actividades deportivas do 2021, publicadas este luns no Boletín Oficial da Provincia.

O obxectivo destas axudas é fomentar o desenvolvemento de actividades, execución de obras ou investimentos en adquisición de subministros que redunden en beneficio da colectividade entre os veciños/ as de Gondomar nos ámbitos de cultura, deportes ou fins sociais, respectivamente.

As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou colectivos cidadáns, persoas ou entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades de interese municipal, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, carecendo de personalidade xurídica, poida levar a cabo as actividades obxecto da subvención.

As bases e a documentación necesaria que se debe encher para presentar as solicitudes poden descargarse na páxina web www.concellodegondomar.gal na columna de “DESTACADOS”.