O Concello de Nigrán ilumínase de rosa con motivo do Día Internacional do Cancro de Mama

A fachada do Concello de Nigrán iluminarase de rosa esta noite e mañá martes polo Día Internacional contra o Cancro de Mama (19 de outubro) como mostra de apoio ás persoas que sofren esta enfermidade e ás súas familias e achegados. Este día busca concienciar sobre a importancia da investigación e da detección precoz da enfermidade porque o cancro de mama é o tipo de tumor máis cotiá en mulleres, unha de cada 8 o padecerá ao longo da súa vida. En España diagnostícanse sobre 33.300 novos casos cada ano cunha taxa de supervivencia do 99%.