Concentración contra a subida na factura da auga e posterior charla informativa na Ramallosa

Este sábado ás 19:00 horas está prevista unha concentración/manifestación nos arredores da Capela de San Campio na Ramallosa. O Círculo de Podemos Nigrán e a Asociación Rebeldía, apoiados por Podemos Galicia e os Círculos de Gondomar e Baiona, convocan unha protesta contra a próxima subida da auga que prevé aprobar a Xunta de Galicia proximamente.

Posteriormente, no mesmo lugar, o Secretario de Municipalismos de Podemos Galicia, Manuel Nogueira, dará unha charla informativa, para aclarar calquera dúbida que poida xurdir entre a cidadanía respecto diso. Queren informar á veciñanza do Val Miñor que a gran maioría verá alterada a súa factura da auga por esta suba, debido a que afectará a todo aquel que estea conectado á rede de saneamento (sumidoiros).