Sin categoría

Baiona esixe solución ao problema de cobertura de Traballo Social, Radioloxía e Fisioterapia da Xunqueira

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Servizos Sociais, Concepción Vara Rodríguez, esixen ao SERGAS que non obvien o problema que se está vivindo no Departamento de Traballo Social, Radioloxía e Fisioterapia do Centro de Saúde Val Miñor, “e que non deriven as responsabilidades nin competencias a quen non correspondan falando de consenso cando este Concello está a esperar a chamada desde a Consellería de Sanidade”.

Desde este Concello ínstase ao SERGAS que busque unha solución para un problema de cobertura, o cal, “esta institución considera de gran importancia”. Así mesmo, solicita que a asistencia de Radioloxía, “atopándose en igual situación e por tanto minguando os dereitos dos pacientes que acoden con patoloxías que requiren esta atención”, soluciónese o máis axiña posible. De igual forma, consideran que se infravalora o servizo de Fisioterapia, “que só funciona en horario de mañá provocando lista de espera”.

Desde o Concello de Baiona resaltan que o Centro de Saúde do Val Miñor atópase “nunha lamentable realidade ante as considerables demandas destes servizos, provocando unha grave situación de atención aos seus usuarios e empeorando o problema de atención máis próximo ao paciente”.