Colisión entre un autobús escolar e unha moto en Nigrán

FOTO: PABLO F. ESTÉVEZ // Autobús de Lugove ao seu paso por Nigrán.

O 112 Galicia recibiu o aviso, na tarde deste venres, dunha colisión entre un autobús escolar e unha moto en Nigrán, en concreto, na rotonda de entrada ao polígono industrial de Porto do Molle. Unha persoa particular daba conta deste accidente e indicaba que a moto quedara debaixo do autobús, pero que o motorista non estaba atrapado. Axiña, os xestores do 112 Galicia comunicaron a incidencia ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Policía Local, ao GES do Val Miñor e a Protección Civil. Xa no punto, os servizos de emerxencia confirmaron que no autobús ían preto de corenta escolares que, afortunadamente, resultaran ilesos. O motorista foi traslado a un centro hospitalario.