Máis de 200 persoas reclaman unha sanidade pública e de calidade en Gondomar

Máis de 200 persoas participaron na concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Gondomar, diante do antigo Centro de Saúde, en defensa dunha sanidade pública e de calidade no municipio. Na mesma se solicitou á Xunta de Galicia a apertura real do Centro de Saúde de Gondomar, con consultas presenciais e unha atención 100% presencial a través do desdobramento das consultas e o incremento do cadro de persoal; a mellora da accesibilidade, acabando coas listas de agardas, reducindo as listas a un máximo de 24-48 horas; incremento de persoal en todas as categorías en base os datos poboacionais; e o incremento do presuposto sanitario en Atención Primaria, que hoxe se atopa no 12%, ata conquerir o 25% do gasto total sanitario.