Concentración en Gondomar por unha sanidade pública de calidade

Este sábado 2 de outubro a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Gondomar convoca unha concentración por unha sanidade pública e de calidade, ás 12:00 horas na Praza das Escolas Vellas (diante do antigo Centro de Saúde). A Plataforma esixe á Xunta de Galicia a apertura real do Centro de Saúde de Gondomar, con consultas presenciais e unha atención 100% presencial a través do desdobramento das consultas e o incremento do cadro de persoal; a mellora da accesibilidade, acabando coas listas de agardas, reducindo as listas a un máximo de 24-48 horas; o incremento de persoal en todas as categorías en base os datos poboacionais; e o incremento do presuposto sanitario en Atención Primaria, que hoxe se atopa no 12%, ata conquerir o 25% do gasto total sanitario.