Un condutor resulta ferido en Nigrán tras chocar cun farol

Unha persoa resultou ferida este martes tras sufrir un accidente de tráfico en Nigrán. O suceso rexistrouse sobre as 16:30 horas na estrada PO-325, á altura da Foz, cando o turismo que conducía saíuse da vía, e tras subirse á beirarrúa, terminou encaixado contra un farol. O condutor, consciente, foi atendido polos servizos de emerxencia do 061 e posteriormente trasladado ao Hospital Povisa de Vigo. Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Val Miñor, que xunto con operarios de Vías e Obras do Concello de Nigrán colaboraron na limpeza da vía, mentres a Policía Local de Nigrán regulou o tráfico ata a retirada do vehículo.