O Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrece este xoves “Persépolis”

O Concello de Nigrán e o Cineclub Val Miñor-Alice Guy ofrecen este xoves ás 20:30 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “Persépolis” en versión orixinal subtitulada, con coloquio posterior moderado polo profesor Alfonso Castaño. “Persépolis” é un filme francés de animación, estreado no ano 2007, baseado na novela gráfica Persépole de Marjane Satrapi. A propia autora adaptou o guión e a dirixiu xunto a Vincent Paronnaud. A película, con música de Olivier Bernet, obtivo un nomeamento á Palma de Ouro ó mellor filme e outro ao Oscar ao mellor filme de animación. Conseguiu o Premio do xurado no Festival de Cannes no 2007.