Curso de informática para adultos no Liceo Marítimo de Baiona

O Liceo Marítimo de Baiona oferta un curso de informática para adultos que comezará o martes día 5 de outubro e se levará a cabo todos os martes en dous horarios, de 10:30 a 12:00 e de 19:00 a 20:30 horas. Será impartido con computadores portátiles, que estarán incluídos, do mesmo xeito que todo o material necesario para o seu desenvolvemento. Tamén se poderá utilizar o propio computador portátil do alumno. O contido do mesmo incluirá coñecementos da internet, Correo, Redes Sociais, Windows 10, etc. Para inscricións e máis información sobre o curso poden chamar aos teléfonos 673343235/653757614 ou no mail liceodebaiona@gmail.com.