Peitieiros celebra as festas de San Miguel

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra as festas na honra de San Miguel. O martes 28 de setembro pola noite actuará o grupo Ritmo. O mércores día 29 ás 11:00 da mañá sairá desde o Barrio de Area o carro cos produtos do campo tirado por un tractor con destino ao adro da igrexa. Ás 12:30 do mediodía celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada polo carro dos froitos e a Banda de Música Municipal de Redondela, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Ás 17:00 horas comezarán as tradicionais “poxas” de San Miguel, a cargo de Carlos Riveiro, coñecido por Carlos de Gondomar, este ano con novidades e sorpresas, e pola noite, verbena coa orquestra Marbella.