
Finalizada a concentración nacional absoluta U23 e U20 de Loitas Olímpicas, celebrada no CTD Infanta Cristina de Los Narejos (Murcia), celebrada do 21 ao 26 de setembro. A primeira actividade da selección Española de Loitas Olímpicas, finalizou cun notable éxito de participación e de nivel deportivo, pensando nesta nova tempada.
O seleccionador nacional U23 e U20 de Loita Libre Olímpica, Pablo Pintos Figueroa (Vigo, 1978), estivo á fronte da primeira concentración nacional desta nova tempada. A valoración dos deportistas mediante test físicos, foi a gran novidade deste arranque de tempada. «Valorar o punto de partida dos deportistas, dános unha previsión do seu potencial para esta nova tempada», afirma o técnico galego.
Os dous deportistas galegos convocados coa selección Española, e que son bolseiros no CGTD de Pontevedra, foron David González do Club Sabarís de Baiona e Saul Bello, do Club San Ignacio de Vigo. Ambos os dous deportistas son os de maior proxección a nivel nacional da selección galega U20 e U23.
Tras esta concentración masculina en Murcia, virá a concentración da selección nacional absoluta feminina U23 e U20 no CGTD de Pontevedra do 6 ao 10 de outubro, con 20 loitadoras de diferentes CCAA, sendo 3 delas galegas: Nerea Iglesias (Escuela Ayude), Nerea Pampín (Club Keltoi) e Lydia Pérez (Club Loita Pontevedra).
Con estas actividades, ponse en marcha o novo calendario deportivo, e Galicia, continua sendo unha referencia nacional na organización de actividades, aumentando o peso específico da Federación Galega de Loitas Olímpicas e D.A. sumando deportistas aos diferentes equipos nacionais.