A Área Sanitaria de Vigo vacinará desde este sábado sen cita no hospital Álvaro Cunqueiro

A partir de mañá día 25 e ata o próximo 30 de setembro a poboación que estea sen vacinar poderá facelo SEN CITA no hospital Álvaro Cunqueiro (planta 0), en horario de 9:00 a 21:00 horas. De xeito simultáneo, mantense tamén o modelo de Autocita. Ademais, o luns día 27 continuarase desenvolvendo a inoculación das terceiras doses nas residencias. Os equipos sanitarios achegaranse a 16 destes centros da Área Sanitaria de Vigo para vacinar a 1000 usuarios.