Última visita guiada gratuíta polo Casco Histórico de Baiona

O Concello de Baiona ofrece este próximo domingo, día 26 de setembro, a última, polo momento, das visitas guiadas gratuítas polo Casco Vello, con saída ás 11:00 horas. Durante 90 minutos, unha guía oficial de Galicia acompañará aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento Encontro Entre Dous Mundos, o Paseo Ribeira e o Casco Histórico.

O número de asistentes será de 30 persoas, polo que é necesaria a inscrición previa na oficina de turismo (no correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal, ou por teléfono no 986 68 70 67. O punto de encontro, tras a confirmación de praza, será o Palco da Música do Parque da Palma. As persoas inscritas deberán acudir obrigatoriamente con máscara, manter a distancia de seguridade con outras persoas e acollerse en todo momento ás indicacións da guía.

As visitas organizadas pola Concellería de Turismo tanto no verán como neste mes de setembro foron todo un éxito e estiveron ao completo todos os días.