O Concello de Nigrán informa dun corte de auga este xoves na zona de Panxón

O Concello de Nigrán informa que, como consecuencia da execución de traballos de mantemento na rede de distribución de auga por parte da empresa concesionaria Aqualia, é preciso realizar unha suspensión temporal do subministro este xoves 23 de setembro de 22:00 a 03:00 horas que afectará ás seguintes rúas de Panxón: Arquitecto Palacios, Baiona A Real, Cidade de Vigo, Paseo Marítimo, Jesús Espinosa, Álvaro Mourelle, Gaifar, Rúa do Regueiro, Camiño da Gaivota, Rúa Veiga de San Xoán, Camiño da Costa, Rúa Gondomar, As Barrocas e Fenales. O Concello lamenta as molestias que poida causar este traballo para a mellora do servizo.