Nigrán súmase ao Proxecto Ríos de Adega cunha limpeza preto da desembocadura do Muíños

O Concello de Nigrán súmase por sétimo ano consecutivo este domingo 26 de setembro á Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” coordinada por Adega nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social que, neste caso, terá lugar no río Muíños desde as 18:00 horas. Os interesados deben inscribirse antes deste venres 24 de setembro ás 13:00 horas a través do formulario web http://www.nigran.es.

O punto de encontro é o aparcamento da antiga escola de vela en Praia América ás 18:00 horas e a duración aproximada de 1,5 horas. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, luvas e auga. O Concello participa xunto a outras 50 localidades de toda Galicia e más de 65 entidades.

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación.