O Centro Cultural de Baíña organiza unha viaxe a Aveiro, Costa Nova, Ovar e Válega

O Centro Cultural de Baíña organiza para a próxima fin de semana do 25 e 26 de setembro unha escapada de dous días a Aveiro, Costa Nova, Ovar e Válega. O aloxamento será un hotel de 4*, con piscinas e todas as comidas incluídas. Haberá diferentes paradas en Baiona, Nigrán e Gondomar. O prezo é de 135 € por persoa (140 € non socios). Inclúe ademais guía e autocar durante todo o percorrido e seguro de viaxe. Para inscricións e máis información é necesario chamar ao 653 68 49 69.

A primeira parada será en Ovar, coñecida como “A cidade do azulexo”, coas súas máis de 800 fachadas decoradas con este material e tempo para gozar do seu mercado dos sábados. Visitando tamén Costa Nova, coas súas praias e vistosas casas de cores, así como o famoso faro de Barra, que presume de ser un dos máis altos de Europa. Tamén coñecerán Aveiro, “a Venecia Portuguesa”, famosa polas súas canles, e Válega, coa igrexa máis colorida do país.