Concentración na Ramallosa polo asasinato machista da Coruña

Os colectivos Area Loura e Co-mando Ghichas convocan novamente unha concentración na Ramallosa hoxe sábado día 18 de setembro ás 20:00 horas polo asasinato no concello da Coruña de Mónica a mans da súa parella. Con estas concentracións queren algo máis que visibilizar e condenar os asasinatos machistas e amosar a súa dor, tamén esixir que se tomen medidas contundentes tanto no eido da educación e a concienciación como na revisión dun sistema de protección ás vítimas claramente ineficaz.