Nigrán informa da apertura do prazo de matriculación para a EOI de Vigo con sección de inglés en IES Proval

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // IES Escolas Proval.

O Concello de Nigrán informa da apertura do prazo de matriculación para o curso 2021/2022 da Escola Oficial de Idiomas de Vigo na sección de Nigrán (en IES Proval). O centro ofrece inglés desde o nivel A1 ao C1.2. Toda a información está dispoñible en http://www.eoidevigo.org. Igualmente, o día 22 de setembro ás 19:00 horas ofrecen unha xornada de portas abertas na que os interesados poderán experimentar como sería unha clase na escola (por cuestión de control de aforo é preciso rexistrarse enviando un correo a eoi.vigo.nigran@edu.xunta.gal indicando datos de contacto e o nivel que estima que un posúe). A data límite para rexistrarse nesta xornada é o 20 de setembro.