Performance con retranca en Gondomar para esixir fibra óptica

Este domingo reuníronse medio centenar de veciños na Praza da Paradela, para asistir a unha performance con retranca organizada pola plataforma veciñal Gondomar Fibra Xa! Os veciños e veciñas montaron unha tenda con produtos e dispositivos relacionados coa fibra, cos que polo menos botar unhas risas a costa desta carencia que están a sufrir. Fíxose unha lectura de manifesto e se falou sobre a situación actual.