Gondomar recupera o Torneo de Fútbol Sala San Bieito tras un ano de parón

Todo preparado no polideportivo municipal de Gondomar para unha nova cita co Torneo de Fútbol Sala San Bieito – VII Trofeo Concello de Gondomar despois dun ano de parón pola situación pandémica, a cal non era a axeitada para poder levalo a cabo. O torneo está organizado polo Vincios Fútbol Sala e pola Concellería de Deportes do Concello de Gondomar, e este ano coa singularidade de que será un triangular entre o Cereixa FS, o SD Abetos e o CVC Valladares. O sábado día 18 de setembro ás 18:00 horas dará comezo o torneo e alargarase durante toda a tarde, onde se poderá desfrutar do bo facer dos tres equipos. A organización ten todo preparado para cumprir coas medidas sanitarias correspondentes.