Nigrán informa da apertura de prazo para participar no programa de termalismo do Imserso

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán informa que está aberto o prazo para solicitar o Programa de Termalismo Social do IMSERSO. Os interesados poden recoller a solicitude neste departamento municipal para entregala cuberta antes do 1 de outubro a través de Rexistro ou facer a tramitación completa telemáticamente a través da sede electrónica do Imserso, en https://sede.imserso.gob.es. A resolución con toda a información sae publicada no BOE núm. 208, de 31 de agosto de 2021.

O desenvolvemento do programa efectuarase durante o período comprendido entre o mes de outubro e o mes de decembro de 2021. O Imserso contribuirá ao financiamento do custo das prazas cunha achega media por praza de 184,09 euros, oscilando o seu importe entre 144,20 euros e 234,31 euros. Igualmente, as quendas, que poderán ter unha duración de 12 días (11 pernoitas) ou de 10 días (9 pernoitas) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa.