A Garda Civil incrementará a vixilancia das distraccións durante a condución

O Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia incrementará a vixilancia sobre as distraccións durante a condución no marco da campaña ROADPOL Safety Days. Dita campaña coordinada pola DXT a nivel nacional e ROADPOL, organismo que aglutina aos Corpos policiais encargados da vixilancia do tráfico en toda Europa, desenvolverase entre os días 16 e 22 do presente mes en todas as estradas europeas.

O obxecto da mesma é evitar as distraccións durante a condución entre as que destacan o uso de terminais de telefonía móbil, comer, beber, fumar, discutir e a execución de accións similares mentres se conduce, as cales incrementan exponencialmente o risco de sufrir un sinistro ao afectar o tempo de reacción e capacidade de anticipación do condutor, converténdose no últimos catro anos na primeira causa dos accidentes mortais nas estradas españolas, estando presentes no 20% dos sinistros viarios.