Gondomar abre o prazo de inscrición das escolas deportivas municipales

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Tenis de mesa.

O vindeiro luns 20 de setembro abrirase o prazo de inscrición dunha nova edición das escolas deportivas municipais que o Concello de Gondomar, a través da Concellería de Deportes, promove co fin de implicar aos máis pequenos/as e mozos/as na práctica do deporte e a concienciación dos hábitos saudables.

Os interesados poderán inscribirse na oficina do Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda de luns a venres, do día 20 ao 30 de setembro de 10.00 a 13.00 horas en horario de mañá, e entre as 17.00 e as 20.00 horas polas tardes.

Este ano ofertaranse un total de 20 actividades deportivas, desenvoltas pola Concellaría de Deportes en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra e diferentes clubs deportivos do municipio.

Tenis, judo, fútbol, balonmán, ximnasia acrobática, atletismo, tiro ao arco, tenis de mesa, taekwondo, baloncesto, fitness, escola de GAP, fútbol gaélico e xadrez son algunhas das opcións que se ofertan este ano, e que se desenvolverán coincidindo co calendario escolar dos participantes.

O prezo de matrícula de calquera actividade será de 83,83 euros (incluíndo nesta cantidade o pago do seguro), por curso de 9 meses, e 75,61 (incluíndo seguro) por curso de 8 meses. Así mesmo aplicarase unha redución dun 25% no caso de matrícula dun segundo membro da mesma familia, e dun 50% sobre a tarifa para partir do terceiro e seguintes.