Ismael Torres de Gondomar e Pedro Lago de Baiona campións de España de bolo celta xuvenil e veterano

No día de onte xogáronse en Tineo-Asturias, os Campionatos de España individuais de bolo celta, de xuvenís, veteranos e superveteranos. Tras as clasificacións xogadas durante a mañá, xa pola tarde se xogaron as finais. As clasificacións foron as seguintes:

Xuvenís:

  • Campión de España: Ismael Torres do club de bolos San Cibrán de Gondomar.
  • Subcampión: Javier Alonso de bolos Xove-Lugo.
  • Terceiro: Rubén Fernández do Centro Asturiano de Madrid.
  • Cuarto: David Pintos de bolos San Miguel de Gondomar.

Superveteranos:

  • Campión de España: José Riesgo de La Panera de Cangas del Narcea-Asturias.
  • Subcampión: José R. Martínez de bolos Portameán de Baiona.
  • Terceiro: Armando Marinho de La Panera-Cangas del Narcea.
  • Cuarto: José Cachero de Oviedo-Asturias.

Veteranos:

  • Campión: Pedro Lago de bolos Estivada de Baiona.
  • Subcampión: Marcelino Rodríguez de Xove-Lugo.
  • Terceiro: José Rodríguez de bolos Mañufe.
  • Cuarto: Urbano Sotelo de bolos Camos.

Hoxe xogaranse os campionatos nacionais de parellas xuvenil e de veteranos.