Concerto de Cantares do Brión e proxección de “María Solinha”, este sábado en Gondomar

O programa de cultura do Concello de Gondomar continúa este sábado 11 de setembro cunha dobre cita. Ás 19:00 horas, a Praza da Paradela acollerá o concerto do coro tradicional “Cantares do Brión”, e ás 21:30 horas haberá “Cinema na rúa” coa proxección da película “María Solinha” no Parque das Rosas, contando coa presentación e posterior coloquio en directo co director desta longametraxe, Ignacio Vilar. É necesario reservar as entradas gratuítas en https://taquilla.concellodegondomar.gal.