Xuntanza aberta sobre a rexeneración forestal autóctona no Val Miñor

O Rincón do Bucanero (Xunqueira-Borreiros N°4 Gondomar) acolle este xoves 9 de novembro unha xuntanza aberta sobre a rexeneración forestal autóctona no Val Miñor. Será a partir das 14:30 horas, dirixida a todas as persoas interesadas en colaborar na rexeneración dos montes queimados con especies autóctonas.