Andainas “Camiños a Compostela” organizadas polo Ateneo de Nigrán

A Asociación Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza o sábado 18 de setembro e o sábado 2 de outubro, en horario de mañá, saídas guiadas dentro do programa “Camiños a Compostela”. Farase en dúas etapas o percorrido do tramo nigranés do Camiño Portugués pola Costa, visitando elementos do patrimonio local e aproveitando algunhas paradas para divulgar diferentes aspectos da historia dos Camiños de Santiago. Trátase dunha actividade aberta e gratuíta, pero moi limitada no número de prazas pola situación de pandemia. As persoas interesadas deben enviar un e-mail a lucenzainfo@gmail.com solicitando praza.