Peitieiros celebra a romaría da Virxe dos Milagres

A parroquia gondomareña de Peitieiros celebra esta fin de semana a romaría da Virxe dos Milagres. O sábado 11 de setembro haberá unha gran tirada de fogos ás 20:00 horas, e pola noite, ás 22:00 horas, a actuación do grupo de versións La Banda de Ayer. O domingo día 12 haberá misas ás 9:00, 10:00, 11:00 e 19:30 horas. Ás 12:30 do mediodía celebrarase a Solemne seguida de procesión acompañada pola Banda Unión Musical Val Miñor, que ofrecerá un concerto ao finalizar e outro ás 19:00 horas. A continuación actuarán os Mariachis Noche de Ronda, e ás 22:00 horas, o dúo D’Líder. Segundo a normativa vixente fronte ao Covid-19, será obrigatorio o uso de máscara, a distancia de 1,5 metros e a hixiene de mans con hidroxel.