Inscricións abertas para a III BTT Concello de Nigrán

O Club Deportivo Bicivoadores Val Miñor organiza o próximo domingo 10 de outubro a III BTT Concello de Nigrán, cun percorrido de 35 quilómetros de dificultade media-alta e saída desde a Praza do Concello de Nigrán ás 9:00 da mañá. O prezo para participar é de 12 euros. As inscricións deberán formalizarse nos teléfonos 610 536 793 e 628 098 922. Unha vez inscritos haberá que facer o ingreso na conta ES88 0073 0100 5205 0625 5165 e enviar o xustificante ao correo bicivoadoresvalminor@hotmail.com.