
Os Círculos Locais de Podemos Val Miñor comezaron onte en Gondomar e hoxe en Panxón unha campaña de recollida de sinaturas nos centros sanitarios da comarca, na que solicitan para devanditos centros máis persoal sanitario, máis persoal administrativo e o total de citas presenciais.
Dende as agrupacións locais apuntan que “levamos máis dunha década de recortes na sanidade pública da man de Feijóo, nos cales se deixaron de investir máis de 2.500 millóns de euros, o cal repercute directamente na precariedade do persoal sanitario e na eliminación de servizos, situación da que non escápanse os centros de saúde e o PAC da comarca do Val Miñor”.
Nestas xornadas de recollida de sinaturas os Círculos Locais contaron coa presenza do Secretario de Municipalismo de Podemos Galicia, Manuel Nogueira; os compoñentes do Consello Coordinador Provincial, Román González e Lucía Chamorro; e a portavoz da Asociación Rebeldía Galicia en Vigo, Antía Fernández.
Manuel Nogueira sinala que a situación no sistema sanitario público de Galicia é inadmisible e que se sostén unicamente co esforzo do persoal sanitario, “que está constantemente sometido a quendas de traballo interminables, condicións laborais indignas e contratos precarios, detonantes propias das políticas de recortes que practica o PP en todo o que teña que ver cos servizos públicos, e que, no caso que nos toca estamos a falar de preto de máis de 2409 millóns de euros menos de investimento en sanidade pública neste ano 2021”.
Tamén sinalan dende o Consello Coordinador Provincial que hai que lembrar a situación dos distintos PACs de Galicia, que non contan co persoal suficiente para cubrir a actividade asistencial que deberían dar, situación que tamén repítese non PAC da comarca.
Os distintos Círculos do Val Miñor seguirán coa recollida de firmas estes días cumprindo co seguinte calendario e nas horas indicadas:
A partir das 12:00 horas:
- Mércores 8 Centro de Saúde A Xunqueira (Ramallosa)
- Xoves 9 Centro de Saúde Baiona
A partir das 17:00 horas:
- Venres 10 e sábado 11 PAC VAL MIÑOR