O Racing Vilariño homenaxea a Jaime “Pincanillas”

O Racing Vilariño de Nigrán homenaxeou este domingo a Jaime Cabreira Fernández, máis coñecido como “Pincanillas”. O acto tivo lugar durante a celebración do XII Trofeo Jorge Souto, que enfrontou no campo municipal de San Pedro ao equipo sénior feminino local co Lóstrego B e ao afeccionado co Gondomar. O club quixo agradecer o seu compromiso, como xogador e agora como socio, disposto sempre a colaborar. Recibiu unha camiseta conmemorativa e un trofeo entre a ovación do público.