A baionesa Elena Avendaño proclámase campioa galega de hípica

A baionesa Elena Avendaño, de 12 anos, logrou a medalla de ouro no XXXVIII Campionato Galego de Salto de Hípica celebrado no Centro Hípico Los Porches do 25 ao 29 de agosto, situado en Arteixo (A Coruña). A moza impúxose, xunto ao seu cabalo “Filiokus”, na categoría alevín, sendo a única participante que conseguiu manter a cero o seu marcador unha vez disputadas as 3 probas puntuables. Esta medalla de ouro súmase ás outras dúas que logrou na anterior edición do Campionato Galego, tendo por tanto no seu haber, medalla de ouro, de prata e de bronce nun Campionato Galego. O mércores pon rumbo a Valencia para disputar o Campionato de España de Menores que se celebrará do día 8 ao 12 no CES Valencia.